Thursday 16 de May de 2024

Visita dos escolares do Castelao á mostra sobre María Victoria Moreno


 

Arredor de 70 nenos e nenas de cuarto de primaria do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao visitaron esta mañá a exposición que se exhibe nestes días no Museo do Traxe sobre a vida e Obra de María Victoria Moreno, última homenaxeada no Día das Letras Galegas. Cada un e unha delas pudieron achegarse ao labor desta grande literata a través dos paneis ilustrativos onde se plasman personaxes, escenarios e fragmentos das súas obras máis representativas. A mostra conta tamén con dúas vitrinas repletas de obxectos persoais como as gafas, manuscritos ou a máquina de escribir da autora. A dita mostra forma parte da programación levada a cabo pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O horario de visitas vai de martes a sábados de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, así como os domingos de 10 a 14 horas.